Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus





Jorge Soto

Vicerreitor do Campus de Pontevedra

Doutor en CC. da Educación, licenciado con Grao Filosofía e CC. da Educación e diplomado en Maxisterio. É autor de obras de carácter nacional e internacional sobre temática educativa. Foi investigador en diferentes institucións nacionais e internacionais. Participou en congresos, xornadas, seminarios, conferencias sobre o seu ámbito de estudo. Realizou posgrao pola Universidade de Murcia sobre educación e formación a distancia a través de redes dixitais, e na USC sobre estudos migratorios e análise demográfica. 

Pertence ao Departamento de Análise e Intervención Psicosocioeducativa. É profesor contratado doutor na Facultade de CC. da Educación e o Deporte da UVigo. Tamén desenvolve docencia no Máster en Necesidades Específicas de Apoio Educativo e no Máster en Profesorado. Foi recoñecido finalista aos mellores docentes de España nos premios Educa (2017), categoría de universidade. Dirixiu numerosos traballos de mestrado e de grao. É membro do equipo de investigación GIES-10 e da rede interuniversitaria de investigación RIES. Conseguiu o terceiro Premio Nacional de Investigación na modalidade de Investigación Educativa (2003). Forma parte do comité de redacción da Revista de Investigación en Educación da Universidade de Vigo, membro do consello asesor da Revista Galega do Ensino da Xunta de Galicia e do Consello de Redacción da Revista Interuniversitaria de Teoría da Educación editada pola Universidade de Salamanca. É avaliador de revistas nacionais e estranxeiras. Así mesmo é membro da Sociedade Española de Pedagoxía.

Foi membro do Tribunal de Garantías da UVigo e do Claustro, da Comisión de calidade, da Comisión UNESCO –en favor dos dereitos da Infancia–, da Comisión de Calidade da Facultade de CC. da Educación e o Deporte e da Comisión de Garantía de Calidade dentro da Comisión académica do Máster en Profesorado. É membro da Comisión Permanente da Facultade de CC. da Educación e o Deporte.


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es