Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Escola infantil

A primeira Escola Infantil da Universidade iniciou o 25 de Xaneiro a súa actividade regular coa celebración dunha xornada de portas abertas que permitiu a pais e nais coñecer de primeira man as instalacións e servizos que o edificio ofrece aos seus cativos. 

A posta en marcha desta primeira escola infantil supón para a Universidade a consolidación dunha demanda prioritaria por parte da comunidade universitaria, que deu resposta a unha necesidade cada vez máis estendida na sociedade. Para Antonia Blanco, vicerreitora do campus de Pontevedra, este comezo da escola infantil significa “o primeiro punto do camiño na prestación de servizos para o traballador e traballadora universitarios e para o alumnado, facilitando que poidan ter aos seus cativos no propio campus e que sexa a uns prezos razoables e competitivos”. Pola súa banda, os pais e nais tamén amosaron o seu agrado por ver en pleno funcionamento a escola, así Mónica Valderrama, profesora da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e usuaria do servizo, indicou que “se trata dunha prestación social imprescindible da que me sinto particularmente satisfeita porque teño o neno a menos de 200 metros de onde traballo, o que me dá seguridade e, sobre todo, tranquilidade”.

Galería de Imaxes.



Dirección:
Escola Infantil
A xunqueira
36005

986 80 20 70



Documentos:
 Escola Infantil do Campus de Pontevedra. Ver presentación.

 Enerxías Renovables no Campus de Pontevedra. Descargar pdf.




 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es