Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Presentación

Arquivo


Presentación do Programa Internacional Green Campus


Green Campus é un Programa Internacional da Fundación para a Educación Ambiental FEE (Foundation for Environmental Education) que agrupa 76 ONG, en 65 países nos cinco continentes. En cada un dos Estados participantes existe unha organización responsable dos programas da FEE (Bandeira Azul, Chave Verde e Ecoescolas) que se orientan á realización de actividades de educación ambiental; en España, esa organización é ADEAC (Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor). Os obxectivos básicos do Programa Green Campus son:

  •  Aplicar de forma progresiva unha adaptación da metodoloxía do Programa Ecoescolas ao ámbito universitario.
  • Articular o compromiso adquirido pola universidade en favor dun desenvolvemento máis sustentable e equitativo.
  • Dar valor engadido ao que xa se está facendo, proporcionando un recoñecemento e un estímulo para continuar facéndoo e ser un exemplo ante terceiros/as.
  • Implicar a comunidade universitaria na mellora ambiental do Campus ou da facultade que participa no programa.
  • Traballar en rede con distintas universidades, tanto nacionais como internacionais.

 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es