Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus





Declaración Ambiental do Campus de Pontevedra
Declaración Ambiental do Campus de Pontevedra

O Comité Ambiental do programa internacional Green Campus do Campus de Pontevedra realiza a seguinte declaración ambiental asumindo o compromiso básico en favor do desenvolvemento sostible e equitativo para o que resulta imprescindible trasladar os valores e principios ambientais ás actividades docentes, investigadoras e de servizos xerais de forma que resulten coherentes co referido desenvolvemento. Todo en elo desde unha dimensión global e en cooperación permanente con outras experiencias semellantes.


Conscientes da relevancia medioambiental da área da Xunqueira que se atopa situada no sistema uvial do río Lérez e encadrada na Rede Natura 2000 e na Zona de Especial Protección de Valores Naturais.


Conscientes da necesidade de educar e sensibilizar en materia ambiental os colectivos que integran a comunidade universitaria (estudantes, PDI e PAS) para garantir a ecacia das inicia- tivas medioambientais e de fomentar as actitudes activas de defensa ambiental entre usuarios/as de todos os centros, servizos e instalacións do campus.


Conscientes da indispensable necesidade de establecer e manter un diálogo continuo e unha colaboración estable coas institucións públicas locais e coas entidades e asociacións ambientais da contorna máis próxima.


Esta declaración ambiental concrétase nos seguintes compromisos:

  • Promover a reciclaxe, a recuperación e a reutilización de materiais, e velar pola redución da xeración de residuos nas actividades cotiás.


  • Reducir a contaminación consecuencia das actividades universitarias mellorando a eciencia e o rendemento enerxético dos edicios e instalacións universitarias.


  • Incorporar a consideración da dimensión medioambiental tanto nas actividades universitarias docentes e de investigación como nas tarefas relativas á construción e mantemento dos edificios e instalacións, buscando protexer e fortalecer os hábitats naturais e a biodiversidade.


  • Promover modos de transporte que tendan a minimizar o impacto ambiental.


  • Asegurar que os criterios medioambientais sexan considerados no subministro de bens e na prestación de servizos


  • Fomentar a concienciación e sensibilización medioambiental entre os diferentes colectivos da comunidade universitaria mediante as oportunas actividades.


  • Difundir entre o público en xeral este compromiso ambiental e calquera outra información pertinente.




  • Pontevedra, 24 de abril de 2015

    Reitor da Universidade de Vigo
    Salustiano Mato de la Iglesia



    Declaración Ambiental do Campus de Pontevedra

    É un documento aprobado formalmente polo Comité Ambiental do Green Campus que recolle o compromiso ambiental do Campus de Pontevedra.

     
    Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es