Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Actividades Culturais

29/06/2018
Fahrenheit 451
Foi uns dos filmes máis difíciles de realizar para Truffaut. Arrastra un período de preparación longo e custoso con innumerables problemas de produción e de casting. François Truffaut xa adquirira os dereitos da novela de Bradbury en 1962 e nese momento o escritor rexeitou traballar co cineasta xa que pensaba que despois de realizar unha adaptación teatral pouco máis podía achegar. Truffaut pensaba para este proxecto nunha produción franco-americana rodada en francés pero finalmente o filme levou a cabo anos máis tarde baixo unha coprodución inglesa. A rodaxe levouse a cabo en Gran Bretaña nos estudo Pinewood, así que pasa a ser unha película de fala inglesa, feito que desgusta a Truffaut. De feito, o realizador non volverá rodar en inglés. Temos acceso ás vicisitudes da rodaxe deste filme grazas a que en 1966 Jean-Louis Comolli, redactor xefe de Cahiers de Cinéma proponlle a Truffaut levar a cabo un diario de rodaxe sobre a película que se publicará en varios números da revista. É un diario minucioso no que Truffaut non escribe tan só de Fahrenheit, tamén ofrece reflexións xerais sobre a profesión de cineasta. Ambientada nun futuro e nun lugar indeterminado a primeira ollada parece que estamos ante unha película de ciencia ficción. Pero o relato de Bradbury é moito máis para o cineasta. Para F. Truffaut reflicte o seu amor polos libros así como a importancia que para el tiña a lectura. Unha obsesión que lle acompaña desde neno e reflicte na súa filmografía. É frecuente ver aos seus personaxes lendo os libros que a el marcábanlle ou a través de varias adaptacións literarias (As dúas inglesas e o amor, O pequeno salvaxe, Diario íntimo de Adele H...) En realidade esta película ten pouco de futurista. O coche dos bombeiros parece sacado das primeiras películas mudas, os uniformes destes encargados de acabar cos libros parecen sacados dos uniformes nazis (Truffaut declarou en varias ocasións que sentiu arrepiado pola queima de libros por parte dos axentes nazis) e a música de Bernard Herrmann é clásica baixo expreso desexo do director. A única escena que se pode considerar futurista é a da policía voadora. A pesar de que Truffaut só queda satisfeito dunhas cantas secuencias, sobre todo a da queima dos libros, e de que a súa película de Truffaut que tivo peor acollida. Bradbury quedou gratamente sorprendido e escribiu: "Truffaut regaloume unha nova forma artística da miña obra preservando o espírito do orixinal. Estoulle profundamente agradecido". O certo é que os personaxes carecen da psicoloxía da que os afai a dotar Truffaut pero o resultado é fascinante, cunha opcións artísticas realmente acertadas (Julie Christie encarna os dous personaxes femininos principais e totalmente opostos). Fahrenheit 451 é un conto filosófico sobre unha sociedade totalitaria, é o relato dunha conversión e a posta en escena dunha noción fascinante: os "homes-libro". Unha noción que podería aplicárselle ao propio François Truffaut quen dixo sobre as adaptacións literarias: “O único tipo de adaptación válida é a do director, é dicir, a que se basea na reconversión das ideas literarias en termos da posta en escena”.

28/06/2018
Agnès Varda
Exposición Variacións ao redor do mar

26/06/2018
Maite Méndez e Xaime Nogueira
Conversas na UVI

25/06/2018
Un camiño posible
Obradoiro inserido na colaboración da Vicerreitoría co Festival Novos Cinemas

18/06/2018
Petitet. El rumbero que prometió lo imposible
O Vindeiro 18 de Xuño ás 20.30 horas no Teatro Principal unha nova proxección de DocsBarceloaDelMes

15/06/2018
Pierrot le fou
Juan-Luc Godard (París 1930) Procedente dunha importante familia franco-suíza pasa a súa infancia entre os dous países. Estudou etnoloxía na Sorbona mentres frecuentaba os cineclubes do Barrio Latino e as sesións de cinema na Cinemateca. Fundou A Gazzette du Cinéma en 1950 (no segundo número desta revista aparece o seu primeiro artigo asinado baixo o pseudónimo de Hans Lucas. Un nome que durante a súa primeira etapa como crítico alternará co seu nome propio), colaborou en Les Amis du Cinéma e a partir de 1952 comezou a escribir en Cahiers du Cinéma.

14/06/2018
A Existencia de Acetes
Exposición comisariada por Stefano Spairani Righi na Casa das Campás, dende o 14 ao 30 de Xuño.

14/06/2018
Concerto Quinteto Liz
O vindeiro Xoves 14 de Xuño na Casa das Campás

08/06/2018
Ascenseur pour lecheffaud
A primeira longametraxe de L. Malle anticipa os preceptos que marcaran o novo cinema francés, aquilo que hoxe coñecemos como Nouvelle Vague. Este espléndido filme segue a tradición das películas policíacas francesas, mostrado esta vez cunha contundente posta. Posta en escena que se apoia na cámara subxectiva, os longos travellings polas rúas de París e a inesquecible música jazz de Miles Davis. Un polar con implicacións éticas que reflicte a angustia vital dos seus protagonistas nunha atmosfera escura dun París nocturno co transfondo político de Alxeria.

07/06/2018
Paisaxes de Saudade
Concerto no que o protagonismo teno a guitarra e o seu repertorio máis excepcional, pero visto desde unha perspectiva novidosa: a coincidencia temática entre obras de autores e épocas moi diferentes que teñen en común a saudade como fonte de inspiración para as súas obras.

01/06/2018
Un jour de fête (Un día de fiesta, 1947)
O vindeiro venres 1 de xuño ás 20.00 horas na Casa das Campás

29/05/2018
Ángel de la Cruz y Diana Lopez
Conversas na UVI

25/05/2018
Les parapluies de Cherbourg
Ciclo Cinema Francés. Ás 20.00 horas

21/05/2018
Un hombre mejor (A better man)
Docs Barcelona del mes

14/05/2018
Acto de entrega de premios
Festa de entrega dos premios de poesía, relato curto e traducción literaria da universidade de vigo 2018


+ Actividades Culturais
Máis alá do xénero: outsiders, misfits e outras criaturas (2)
O ano máis violento
Lorena García e Yaroslav Kolpakov
O home vestido de branco
Ramón Vidal Trillo e Serafín Alonso
Concerto
Semana da Creatividade
Concurso de Fotografía #CreaS2i
O Invisible Harvey
Ecopercusión

Arquivo


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es