Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Actividades Culturais

03/06/2016
Correspondências


A exposición aborda as relacións entre conxuntos de circulación, comunicación e traxectorias espaciais. Das obras só se coñece o punto de partida, sen controlar, a priori, o percorrido e o punto de chegada. Trátase de introducir o desvío, o descoñecido e o imprevisto. Crear ambivalencias. Interromper direccións. Situación de correspondencia.
À semellanza dunha carta postal, que aquí se configura como dispositivo produtor de subxectividade, preténdese converter este proceso nun proceso vivido, crendo à maneira deleuziana que a produción artística non é comunicación, senón resistencia. Máis interruptores e menos control. É nese percorrido onde cada un se descobre, nese traxecto orientado cada un Destinatario Descoñecido.





Datas:
Do 6 ao 26 de xuño de 2016

INAUGURACIÓN, LUNS 6 DE XUÑO ÁS 20 H.

Lugar: Sala – X. Sala de Exposicións do Campus de Pontevedra
Facultade de Belas Artes. Rúa Maestranza, 2 - Pontevedra

Horario: De luns a venres das 12 ás 14 h e das 19 ás 21 h.







Documentos
nota_de_prensa_def.01.pdf
unnamed.jpg

+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es