Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Actividades Culturais

11/11/2016
Ciclo de Cine
"A conversa sen fin: cinema e relectura en Hollywood"

A casa das Campás acolle hoxe ás 19:15 o primeiro relatorio do ciclo de cinema A conversa sen fin: cinema e relectura en Hollywood, promovido pola Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.

Neste caso, será o crítico de cinema José Manuel López, membro do consello de redacción de Caimán Cuadernos de Cine, quen afondará nas bases do xénero thriller dos anos setenta.

Unha oportunidade única para achegarse a un dos xéneros máis apaixonantes do cinema.

Data: 11/11/2016
Horario: 19:15
Lugar: Casa das Campás (Pontevedra)

O ciclo continuará todos os venres dos meses de novembro e decembro, coa proxección de diversos filmes e o relatorio a cargo de Suso Novás O curioso caso de Brian de Palma o próximo 2 de decembro.

Achegamos o cartel con toda a programación.


Documentos
Cartel Ciclo de Cine 2016.pdf

+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es