Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Actividades Culturais

14/11/2016
Ciclo de Cine
Proxección do filme "O último refuxio" de Raoul Walsh

O ciclo de cine A conversa sen fin: cinema e relectura en Hollywood, promovido pola Vicerreitoría do Campus de Pontevedra, continúa este venres dia 18 coa proxección do filme O último refuxio, de Raoul Walsh.

Sinopse

Película baseada na novela de W. R. Burnett (Alta Sierra, Editorial Octrosa). Roy Earle (Humphrey Bogart), acaba de ser indultado tras pasar uns anos no cárcere. O seu próximo golpe será un hotel californiano que atracará xuntos ós inexpertos Red Hattery (Arthur Kennedy) e Babe Kozak (Alan Curtis), que o agardan nunha montaña. Cando regrese, toparase cun novo membro na banda, Marie Garson (Ida Lupino).

Ficha técnica

Título orixinal: High Sierra
Ano: 1941
Duración: 100 minutos
País: EEUU
Director: Raoul Walsh
Guión: John Huston, W. R. Burnett
Música
: Adolph Deutsch
Fotografía: Tony Gaudio (B&W)
Intérpretes: Humphrey Bogart, Ida Lupino, Alan Curtis, Arthur Kennedy, Joan Leslie.

DATA: 18/11/2016
HORARIO: 19:15
LUGAR: Casa das Campás


Achegamos o cartel coa información completa do ciclo de cine.



Documentos
Cartel Ciclo de Cine 2016.pdf

+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es