Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Actividades Culturais

22/11/2016
Festival Vertixe Sonora - Entropías
O Festival Vertixe Sonora chega á Casa das Campás

A Casa das Campás acolle un novo concerto do IV Festival Internacional de Creación Musical Contemporánea Vertixe Sonora, organizado coa colaboración da Vicerreitoría do Campus.

Baixo o título de Entropías, os impulsores do Proxecto Ocnos -o guitarrista Pedro Rojas Ogáyar e o clarinetista Gustavo A. Domínguez- presentan nesta actuación con entrada libre un recital integrado por composicións de Helmut Lachenmann, Wei-Chien Lin, Tristan Murail e Nuria Núñez.

O concerto comezará ás 12:30 o próximo domingo 27 de novembro. A entrada é de balde. Máis información en vertixesonora.net


+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es