Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Actividades Culturais

07/12/2016
En Cabárceno se sigue cantando, concerto de Susa Herrera


A Vicerreitoría do Campus volve a encher de música o Teatro Principal este sábado 10 de decembro. Neste caso será a compositora e docente da Facultade de Ciencias da Educación do Campus de Ourense Susa Herrera, quen presentará o seu novo libro-disco En Cabárceno se sigue cantando.

O recital contará tamén coa participación das docentes e egresadas Lara Expósito e Teresa Gómez.

O concerto, que está dirixido especialmente ó público infantil, comezará ás 18:30.

A entrada é de balde ata completar aforo.


Herrera presentará un traballo no que afonda na riqueza animal do Parque da Natureza de Cabárceno, en Cantabria, e que dá continuidade a outro libro de cancións sobre este mesmo espazo natural que publicara xa en 2012.

Con arranxos de Carlos Calviño, ilustracións de Violeta Monreal e produción audiovisual de José Manuel Jambrina, este libro CD e DVD, reúne unha serie de cancións sobre diferentes animais, “que ademais da súa parte lúdica, permiten tamén traballar a lingua”, ao presentarse cada canción coa súa “tradución para ser cantada en galego, catalán e euskera”.

+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es