Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Actividades Culturais

18/01/2017
Volta o ciclo de cine
O ciclo de cine volta este venres coa proxección do filme "A muller do tenente francés"

O ciclo de cinema de primavera Arredor de si, inserido na programación cultural da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra, volta este venres 20 co pase do filme A muller do tenente francés (Karel Reisz, 1981). O ciclo volta cunha ducia de proxeccións e dous relatorios, un deles a cargo do propio Novás e outro do crítico e membro do consello de redacción de Caimán Cuadernos de Cine José Manuel López

A muller do tenente francés (Karel Reisz, 1981)

SINOPSE

Inglaterra, 1867. Pouco despois de coñecerse, Charles Smithson e Ernestina deciden casar. Un día, paseando perto dun acantilado, una xoven vestida de negro esperta a curiosidade de Charles. Ernestina dille que trátase de Sarah Woodrof, coñecida como “a muller do tenente francés”, xa que anos atrás tivera una relación amorosa cun tenente francés que a abdonou. Charles faise amigo de Sarah e decide tomar medidas para garantizarlle un futuro digno.

Título orixinal: A muller do tenente francés
Ano: 1981
Duración: 123 minutos
País: EEUU
Director: Karel Reisz
Guión: Harol Pinter
Música: Carl Davis
Fotografía: Freddie Francis
Intérpretes: Meryl Streep, Jeremy Irons, Hilton McRae, Emily Morgan, Charlotte Mitchell, Leo McKern, Lynsey Baxter

DATA: 20/01/2017
HORARIO: 19:15
LUGAR: Casa das Campás


+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es