Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Actividades Culturais

10/02/2017
A podadora no ciclo de cine
O ciclo de cine continúa este venres co filme

O ciclo de cinema de primavera “Arredor de si”, inserido na programación cultural da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra, proxecta este venres día 10 o filme A podadora (Robert Aldrich, 1973). O ciclo volta cunha ducia de proxeccións e dous relatorios, un deles a cargo do propio Novás e outro do crítico e membro do consello de redacción de Caimán Cuadernos de Cine José Manuel López.

SINOPSE

Charles Castle, un actor de Hollywood moi esixente co seu traballo, non está satisfeito coas súas últimas interpretacións. Así, rexeita a tentadora oferta dun productor, co medo de danar a súa reputación. Pero o productor o chantaxea, ameazandoo con revelar feitos do seu pasado que damnificarán a súa carreira.

Título orixinal: The Big Knife
Ano: 1955
Duración: 111 minutos
País: EEUU
Director: Robert Aldrich
Guión: James Poe
Música: Frank De Vol
Fotografía: Ernest Laszlo (B&W)
Intérpretes: Jack Palance, Ida Lupino, Wendell Corey, Jean Hagen, Rod Steiger, Shelley Winters, Everett Sloane

DATA: 10/02/2017
HORARIO: 19:15
LUGAR: Casa das Campás

Adxuntamos cartaz con toda a información sobre o ciclo de cine.


Documentos
Ciclo Cine 2017.pdf

+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es