Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Actividades Culturais

23/03/2017
Rafa Cabeleira e Juan Tallón nas Conversas na UVI
A terceira sesión terá lugar o próximo 28 de marzo ás 20:00 horas na Casa das Campás

Tras as conversas conducidas por María Varela e Rodrigo Cota, chega a conversa entre Rafa Cabeleira e Juan Tallón, que terá lugar o próximo martes 28 de marzo ás 20:00 horas na Casa das Campás. Nesta sesión, dous dos articulistas máis destacados actualmente no panorama xornalístico nacional falarán de deporte, literatura e vida.

Para o coordinador do ciclo, a intención do ciclo é: "Escoitar tranquilamente a xente con cousas interesantes que dicir, o que é máis necesario cada día nun mundo como o actual, onde tantas veces se impón a tolemia e o ruído".

O ciclo propón abrir esta proposta á cidadanía máis alá do que é o curso académico.


+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es