Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Actividades Culturais

15/06/2017
21 nuits avec Pattie, novo filme do ciclo de cine francés


O novo cinema francés: entre a melancolía e a renovación

 21 Nuits avec Pattie, Arnaud y Jean-Marie Larrieu (2015)

Sesión 6. venres 16 de xuño de 2017.

Sinopse
En pleno verán, Caroline , parisiense, chega a unha pequeña aldea do sur de Francia para organizar con urxencia o funeral da súanai, coa que non tiña relación desde había tempo. RecíbeaPattie, quen adora contar as súas aventuras sexuaiscoshomeslocais a calquera que a escoite. Mentres que toda a aldeaprepárase para os bailes populares do 15 de agosto, o corpo da defunta desaparece misteriosamente.

Ficha Técnica
Dirección: Arnaud y Jean-Marie Larrieu

Guión: ArnaudLarrieu

Música: NicolasRepac

Fotografía: YannickRessigeac.

Son: Antoine-BasileMercier.

Decorado: Stéphane Levy.

Vestiario: Maïra Ramedhan-Levi.

Montaxe: Anette Dutertre.

Reparto: Isabelle Carré, Karin Viard, André Sussollier, sergi López, Laurent Poitrenaux, Denis Lavant, Phiippe Rebot, Jules Ritmanic, Mathilde Monnier

Produción: Francis Boespflug, Bruno Pésery, Claire Trinquet, Arena Films

Duración: 115 m.

Filmografía recomendada dos irmáns Larrieu
Fin d’été (1999), Un homme, un vrai (2003), Peindre ou faire l’amour (2005), Les fenêtres sont ouvertes (2005), Le Voyage aux Pyrénées, Les Derniers Jours du monde, (2009), L’amour est un crime parfait (2013).

Un pouco de bibliografía
Mével, Quentin : Le cinéma d’Arnaud et Jean-Marie Larrieu (entretiens). Paris, Independencie éditions, 2015.

Ao redordo filme
“O importante é a traxectoria de Caroline que chega á casa, aliméntase dos relatos de Pattie e así afronta aospoucos o seu problema codesexo”.
Jean-Marie Larrieu. Dossier de prensa de 21 Nuits avec Pattie.

“Queriamos que a película terminase nunha especie de espectáculo da harmonía, certamentefráxil e provisional, non falta de ironía, na que a familia e a comunidade reencontradas son celebradas ao que as delicias do amor físico”. ArnaudLarrieu, Dossier de prensa de 21 NuitsavecPattie.

“Unha comedia elegante e delirante ao redor da necrofilia”. SergeKaganski, Les Inrockuptibles.

“Descarado, xubiloso e gozoso, un conto fúnebre para morrer de risa". Alain Spira, Paris Match.

“Este filme bucólico e libertario celebra con atrevemento as palabras, a carne (pouco mostrada), o desexo, o fala.”. MehdiOmaïs, Métro.

“O filme confirma a preciosa singularidade dos Larrieu na paisaxe do cinema francés”. Olivier de Bruyn, Positif.

 

Percorrido Pedagóxico
- Fronteiras difusas entre o feminino e o masculino: diálogos de Pattie.

- A posta en escena: planos secuencia.

- Diferentes xéneros cinematográficos: drama, documental (l’Aude), conto fantástico, thriller.

- A morte e o sexo, temas recorrentes no cinema dos Larrieu.


+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es