A obra “Irse” consta de entrevistas de audio
que conteñen os desexos de persoas que migraron a Pontevedra, as cales se poderán
escoitar en toda a sala. Outro dos compoñentes da obra son as imaxes onde se utiliza,
como metáfora, o valor dos paxaros e se incorporan as palabras Me voy y Me fui.
A intención e mostrar os soños e a realidade de aqueles que migraron como un
medio a través do cal eles imaxinaron o seu futuro, e falar da busca constante
do fogar.
A súa obra xurdiu, dado que Jeniffer emigrou dende
México a Galicia especificamente a Pontevedra, onde viviu durante un período de
5 meses. Nese tempo coñeceu a moitas persoas que emigran dende diferentes
países. Ademais de que a inmigración foi parte da súa vida dende cativa xa que
a súa familia e ela emigraron a de Cuba a México, o que fai deste tema algo moi
próximo.
A obra poderá visitarse, os vindeiros 27, 28 e
29 de novembro na planta baixa da Casa das Campás.