Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Actividades Culturais

22/12/2017
Concerto Capela Compostelana


O reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato de la Iglesia e no seu nome o vicerreitor do Campus de Pontevedra Juan Manuel Corbacho Valencia ten o pracer de convidalo/a ao Concerto Á propos de Les Nations ou Les Charmantes Invasions a cargo de Capela Compostelana que terá lugar o vindeiro 22 de decembro de 2017, ás 21.00 h no Teatro Principal de Pontevedra (Paio Gómez Chariño, nº 6,  36002 Pontevedra).

A capela compostelana formouse coa intención de dar vida novamente a musica do séculos XVI, XVII Y XVIII. Adica gran parte do seu traballo a recuperación e difusión da musica galega renacentista e barroca. Neste ámbito editou os discos "José de Vaquedano, Maestro de Capilla de la Catedral de Santiago de Compostela" (Ed. Edigal) e "Villancicos a Santiago" (Ed. Fonti Musicali), con obras inéditas da Catedral de Santiago de Compostela.

A súa interpretación parte do uso das técnicas vocais e instrumentais propias de cadanseu período e estilo que abordan. Dende o ano 1988 Capela Compostelana ten feito concertos por diferentes lugares de España, Europa e Estados Unidos, participando en prestixiosos ciclos adicados á música antiga, entre eles: Festival Internacional de Vitoria, Via Stelle, Semana de Música Antiga de Estella, Festival Internacinal de Deia....

Solicitaselle que confirme a súa asistencia no teléfono 986802080 ou no enderezo electrónico vic.pon@uvigo.es. As entradas recolleranse na Casa das Campás.



Documentos
FLYER_concerto_capela_compostela.pdf

+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es