Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Actividades Culturais

22/12/2017
Coloquio sobre pintura rápida


Trátase dunha iniciativa artística cuxo tema central é a pintura rápida. Contaríase en principio coa colaboración do artista Eduardo Baamonde e Raúl Gil. Constaría de dous partes ben diferenciadas:
-Unha charla. O artista expón a súa visión da disciplina, así como o seu método de traballo, seguido dunha sesión de preguntas, formuladas primeiro polos comisarios, logo polos espectadores a modo de mesa redonda. Ocuparía *aproximadamente unha hora (12-13 *h).
-Unha mostra de pintura rápida in situ (se procede). O artista/as realiza/an durante unha hora (13-14 h) obras rápidas con acuarelas. Como é un material soluble non mancharía, pero de ser necesario, traeríase o indispensable para protexer o establecemento. As obras non se expoñerían e só estarían dispoñibles ao público durante o evento.

ARTISTAS:
Eduardo Baamonde
Data de nacemento: Vilalba (Lugo), 1962.
En Santiago cursou estudos de Historia da Arte, de Museoloxía e de Artes e Oficios. Dende 1988 exerce como profesor de Debuxo no Ensino Medio, ocupando na actualidade un posto no Instituto de Bacharelato de Vilalonga (Sanxenxo). Comeza o seu labor profesional artística a principios dos oitenta, alternando o seu estilo entre o deseño gráfico, a ilustración, traballos murais e exposicións de pinturas individuais e colectivas.
Nos últimos anos participou en certames de pintura rápida, habendo gañado varios premios. Como ilustrador cabe destacar a súa colaboración como deseñador gráfico integral dentro do proxecto didáctico SALNESXOGO, ideado polo Equipo de Normalización Lingüística do Salnés.

Raúl Gil Burés,

Procedente de Rianxo, A Coruña, exerce como profesor nunha academia, recibiu numerosos premios de pintura rápida dos máis importantes en España.

O vindeiro 22 de decembro, na sala de conferencias da Casa das Campás dende as 12.00 ate as 14.00

+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es