Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Actividades Culturais

19/12/2017
Encontro A cultura universal en galego nas novas tecnoloxías


O Programa Universitario para Maiores e a asociación de alumnado sénior do campus Asaexs promoven na Casa das Campás o encontro, aberto ao público, A cultura universal en galego nas novas tecnoloxías, no que participan o profesor Anxo González Guerra e o filólogo Adrián Estévez.

O obxectivo desta actividade é mostrar como se pode acceder á cultura universal a través da lingua galega, a través de ferramentas para a aprendizaxe do galego, como ogalego.eu, que coordina González Guerra, e á versión nesta lingua da enciclopedia colaborativa Wikipedia, a Galipedia, da que Estévez é administrador.



+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es