Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Actividades Culturais

22/01/2018
Conversas con Artistas


A Casa das Campás acolle Conversa con artistas hoxe ás 19.00h na sala de exposicións. Tratase dun coloquio promovido por estudantes da Facultade de Belas Artes, que contará coa participación do artista e profesor da facultade Manuel Dimas e do artista pontevedrés Manuel Ruibal.

Esta actividade verase complementada á súa vez pola inauguración dunha exposición colectiva de fotografías intervidas con diferentes técnicas, impulsada polas alumnas Sol Mussa Juane e Marta Pereira. A mostra, que reúne os traballos de sete artistas, poderá visitarse na Casa das Campás ata o 2 de febreiro.


+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es