Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Actividades Culturais

19/03/2018
Indeble


Colectivo Leite Azul está formado por tres estudantes do Máster en Arte contemporánea: Creación e investiga­ción da Universidade de Vigo.
Este traballo colectivo baséase na creación de diálo­gos entre diferentes materiais, conceptos e temas en relación con cada unha delas. Ao combinar as diferen­tes metodoloxías adquiridas coa experiencia adquiri­da, apoian a colaboración e traballo en BB.AA. e a aprendizaxe colectiva.
Traballan o comisariado da exposición partindo desde os diferentes puntos de vista (xeográficos, culturais e lingüísticos) que teñen cada unha delas, creando unha linguaxe transdisciplinar e co obxectivo de disolver as fronteiras que existen na arte actual, desfacendose do individualismo do autor.
En definitiva, é unha linguaxe formada por múltiples ele­mentos e disciplinas para formar un todo.
O colectivo tamén quere conseguir contornas onde re­lacionarse, como nas exposicións, futuras charlas, talleres, reunións etc. non só para ver arte senón para falar del.


Documentos
Dossier_Indeble.pdf

+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es