Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Actividades Culturais

16/04/2018
Concurso de Fotografía #CreaS2i


O titular da presente promoción é o Vicerreitorado do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, coa  finalidade de realizar un concurso fotográfico online a través da rede social móbil Instagram na que poderán participar todas as persoas físicas que cumpran as condicións establecidas nestas bases:

Lexitimación de participación

Poderá participar no presente concurso calquera persoa física, maior de 13 anos, residente en España, que posúa unha conta en Instagram e que durante o período de validez da presente campaña participe na acción segundo se propón nos termos descritos nestas bases.

Período de vixencia do concurso

O concurso comeza o día 16/04/2018 e finalizará o 30/04/2018, ás 23.59 h.

Premio

Para as imaxes seleccionadas: 30 copias impresas en formato postal da imaxe seleccionada, co seu nome de usuario/a e o logo de CREA S2i

Para cada unha das 2 imaxes finalistas: unha cámara Polaroid OneStep2 + 30 copias impresas en formato postal da imaxe seleccionada, co seu nome de usuario/a e o logo de CreaS2i.

Para a imaxe gañadora: cámara Polaroid Snap Touch + 30 copias impresas en formato postal da imaxe seleccionada, co seu nome de usuario/a e o logo de CreaS2i

☞Inscripcións
☞Bases

+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es