Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Actividades Culturais

04/05/2018
Lorena García e Yaroslav Kolpakov


O dúo formado por Yaroslav e Lorena fórmase no ano 2017 na cidade holandesa de Zwolle (Países Baixos). Nesa cidade realizan os dous músicos os seus estudos de maestría en música clásica no “ArtEZ Conservatorium”, cada un no seu respectivo instrumento. Yaroslav remata os seus estudos no ano 2015, pero non é ata o ano 2017, ano no que Lorena remata, cando comezan o seu proxecto como dúo profesional.

O seu interese e paixón pola música de cámara levou a este grupo de xóvenes artistas a actuar xuntos en escenarios de diferentes países, entre os cales se encontran España e Holanda, lugar no que actualmente residen ámbolos dous.

Lorena García Fernández (Pontevedra, 1990) comezou os seus estudos de viola no conservatorio “Manuel Quiroga” de Pontevedra. Ela estudou no “Conservatorio Superior” (Vigo) e na “Escola de Altos Estudos Musicais” (Santiago de Compostela) con Natalia Madisson e Tilmann Kirtcher e tocou coa “Real Filharmonía de Galicia”. Lorena tocou con moitas orquestras, entre as que se encontran “Orquesta Lira”, “Orquesta Gaos”, “Orquesta Filharmónica Cidade de Pontevedra” e “Joven Orquesta Sinfónica de Galicia” e con outras orquestras en Holanda coma “De KlanKast”, “Camerata Rotterdam” e “Holland Orkest Combinatie”. Recibiu clases maxistrais de coñecidos violistas, tales coma Yuval Gotlibovich, Prunella Pacey, Ilan Schneider, Simon Rowland-Jones, Sven Arne Tepl, Alexander Zemtsov e Benzion Shamir e participou en diversos cursos cos profesores Alan Kovacs, José Manuel Román, Paul Cortese, Rachel Roberts e Vincent Fillatreau.

Ela tocou en diversos festivais de música de cámara, tales coma “Sugrizimai” (Lituania), “Aurora” (Suecia) e “Oranjewoud” (Holanda).

Lorena continuou os seus estudos en Holanda co profesor Mikhail Zemtsov, graduándose no ano 2015 polo “Utrecht Conservatorium” e posteriormente estudos de maestría coa profesora Julia Dinerstein no “ArtEZ Conservatorium” de Zwolle, estudos que finalizaría no ano 2017.

Dende o ano 2017 Lorena colabora con “Vertixe Sonora”, ensemble especializado en música contemporánea.

Dende o ano 2013, Lorena combina a súa actividade concertística coa labor docente a nivel privado, e dende o ano 2017 traballa na escola de música MEC de Amsterdam.

Yaroslav Kolpakov (Rusia, 1989) comezou a tocar o piano ós cinco anos. O seu primeiro profesor foi o seu avó, Vladimir Kolpakov. Despois estudou con Tatiana Mozgovaya e no ano 2009 finalizou con honra os seus estudos no “Muziek-collège” de Buzuluk (Rusia) na clase da profesora Natalia Kondrasnova. No mesmo ano obtivo tamén o diploma por pedagoxía.

Entre os anos 2009 e 2013 Yaroslav estudou no “Prins-Claus-Conservatorium” (Groningen) con Tamara Poddnubaya e Paul Komen.

No ano 2013 é aceptado no “ArtEZ Conservatorium” na clase Frank Peters para o programa de máster que completou en 2015.

Yaroslav participou en varios concursos nacionais e internacionais. En 2004 gañou o concurso Rostropovich de Orenburg, en 2006 o concurso internacional en Bulgaria "Hopes, talents and masters", en 2007 o concurso internacional "Europa-Asia", en 2010 o concurso internacional de Estocolmo, en 2012 o concurso internacional "The way to mastery" en Rostov-on-Don e o concurso da Fundación LISMA en Nova York. Ademais, gañou o premio 2007 da axencia de cultura e cinematografía, que está asinada polo ministro ruso de Cultura.

Yaroslav tamén participou varias veces no festival "Peter de Grote" en Groningen e en numerosas clases maxistrais, entre os que se encontran os profesores Ilona Timchenko, David Wilde, Rian de Waal, Xan Wijn, Vladimir Tropp, Graham Johnson, Willem Brons e Leonid Margarius.

Yaroslav tamén é moi activo como pianista de música de cámara e acompañante do coro.



Documentos
Diptico_4 maio.pdf

+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es