Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Actividades Culturais

01/06/2018
Un jour de fête (Un día de fiesta, 1947)


Jacques Tati (Pecq, 1907 - París, 1982)

Jacques Tati é un excepcional punto de referencia na comedia francesa. A súa obra é extensa, abarca de 1938 a 1973. Foi un cineasta independente e autodidacta que sempre se dirixiu ao gran público aínda que o seu humor non é un humor fácil; así como a súa posta é escena tampouco é a normativa. 

Fóra de Playtime (1967) todos os seus traballos tiveron boa aceptación por parte do público. Este filme foi o único traballo que provocou perdidas mentres que O meu tío (Mon Oncle, 1958) foi a película francesa de máis recadación o ano da súa estrea. 

Emprega o cinema na súa faceta de espectáculo baixo unha mirada crítica á sociedade moderna occidental. Tati denuncia a falta de humanidade e o absurdo na sociedade contemporánea tomando a cotidianidad como fonte dos seus “gags”.

 Ao longo de toda a súa obra creou un estilo propio complexo a pesar do que pareza inicialmente e que evidencia o caos no que se mergulla o mundo contemporáneo

 

Ficha Técnica

Título: Día de fiesta (Jour de fête,1947)

Sinopse: Nun pobo do centro de Francia todo está preparado para un día de festa e mentres tanto o carteiro François afánase en realizar o seu traballo...

Director: Jacques Tati

Directo de fotografía: Jacques Mercaton, Jacques Sauvageot Montaxe: Marcel Moreau

Son: Jacques Maumont

Duración: 81m

Música orixinal: Jean Yatove

Producción: Fred Orain, Cady Films, Francinex

Ciclo de cinema francés: Mapa de estilos

 

Intérpretes: Jacques Tati, Guy Decomble, Paul Frankeur, Delcassan, Santa Relli, Maine Vallée, Jacques Beauvais, Roger Rafal, Robert Balpo Sobre o filme:

 Día de festa é a primeira longametraxe de J. Tati no que el mesmo interpreta o papel protagonista. 

Neste filme obsérvase a procura dun estilo propio que conecta coa tradición do estilo clásico sonoro e do " slapstick" norteamericano, na que se reflicte toda unha poética do universo dos ruídos. 

Esta obra baséase nun das súas curtametraxes anteriores. Ao longo de todos os seus traballos reflíctese unha exploración da sociedade, nesta ocasión da sociedade da Francia rural en contraposición coa sociedade ultramoderna que se observa noutros dos seus traballos.

 Esta película ofrece un testemuño xenial da vida dun pobo francés despois da segunda guerra mundial, sempre desde un punto de vista distante. 

Hai dúas versións desta película: unha en branco e negro rodada por Tati e outra en cor montada tras a morte do cineasta.                     

 

Filmografía recomendada 

As vacacións de M. Hulot (Les vacances de M Hulot, 1953), Meu tio (Mon oncle, 1958), Playtime (1967), Trafic (1971), Parade (1974). 

Bibliografía seleccionada

-Aragónn Paniagua, Tatiana: Imágenes de la moodernidad y la vanguardia en el cine de Jacques Tati. Málaga: Universidad de Málaga, 2006

-Frodon, Jean-Michel : Le cinéma français. De la Nouvelle Vague à nous jours. Paris : Cahiers du Cinéma, 2010.

-Cuéllar, Carlos: Jacques Tati. Madrid: Cátedra, 1999.

-Nepoti, Roberto;¡: Jacques Tati. Firenze: La Nueva Italia, 1978

 


+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es