Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Actividades Culturais

08/06/2018
Ascenseur pour lecheffaud


LOUIS MALLE 

Ascensor para o cadafalso (Ascenseur pour l’écheffaud, 1949)

 

 “Creo que o esencial nun artista é que cree un universo propio, un universo definido por un estilo e unha visión particulares. Ao mesmo tempo, admiro aos artistas que evolucionan, que non se basean sempre nas mesmas técnicas e os mesmos modos de expresión 

 

Louis Malle (Thumeries, 19322 - Os Ánxeles, 1995)

Fillo dunha familia da alta burguesía pertence á mesma xeración de directores conformada por Rivette, Godard, Chabrol ou Truffaut. Estuda no IDHEC e filma con Cocteau o documental Le Monde du Silence (1956) ao mesmo tempo que traballa como axudante de dirección con Bresson no filme Un condenado á morte escapou (Un condamné à mort s est échappé, 1956). A diferenza de moitos outros dos seus cineastas coetáneos, a súa experiencia como crítico redúcese a un texto de Pickpocket de 1959. Tras unha breve experiencia dentro do mundo da curtametraxe estrea a súa primeira longametraxe en 1957.

 

Ficha Técnica

Título: Ascensor para o cadafalso (Ascenseur pour l’échafaud, 1957)

Sinopse: Un home, tras asasinar a un traficante de armas, que é o marido da súa amante, queda atrapado no ascensor do edificio no que tiña as oficinas a súa vítima. Mentres tanto dous adolescentes rouban o seu coche, adoptan  a súa identidade, hospédanse nun hotel e matan a un turista alemán

Director: Louis Malle

Guión: Louis Malle e Roger Nimier a partir da novela Ascensor para o cadafalso de Noël Calef.

Directo de fotografía: Henri Decaë Montaxe: Léonide Azar

Son: Raymond Gauguier Duración: 92 m.

Música orixinal: Miles Davis

Producción: Jean Thuiller

Intérpretes: Jeanne Moreau, Maurice Ronet, Gerges Poujouly, Félix Marten, Ivan Petrovitch, Jean Wall, ,Hubert Deschamps, Lino Ventura, Elga Andersen, Gérard Darrieu, Yori Bertin, Micheline Bona, Jacqueline Staup.

 

Sobre o filme:

A primeira longametraxe de L. Malle anticipa os preceptos que marcaran o novo cinema francés, aquilo que hoxe coñecemos como Nouvelle Vague. Este espléndido filme segue a tradición das películas policíacas francesas, mostrado esta vez cunha contundente posta. Posta en escena que se apoia na cámara subxectiva, os longos travellings polas rúas de París e a inesquecible música jazz de Miles Davis. Un polar con implicacións éticas que reflicte a angustia vital dos seus protagonistas nunha atmosfera escura dun París nocturno co transfondo político de Alxeria.

 O cineasta diría do seu debut na longametraxe que “con Ascensor para o cadafalso conseguín atraer a atención dos críticos, o premio Delluc e un relativo éxito público".

                                 

Filmografía recomendada 

-Os amantes (Les Amants, 1958), Zazie no metro (Zazie dans le métro, 1961), Lume Fatuo (Le Feu Follet, 196), Le voleur (1967), Un sopro ao corazón ( Le souffle au cœur, 1971), Lacombe Lucien (1974), A pequena (Pretty Baby, 1978), A miña cea con Andre ( My dinner whith Andre, 1982), Adeus raparigos (Au revoir les enfants, 1987). 

Bibliografía seleccionada

-Frodon, Jean-Michel : Le cinéma français. De la Nouvelle Vague à nous jours. Paris : Cahiers du Cinéma, 2010.

Malle, Louis : Louis Malle por Louis Malle. Valladolid : Semana Internacional del Cine de Valladolid, 1987.

-Pombo, Ruth: Louis Malle: el tiempo y las emociones. En Heredero, Carlos ; Monterde,, ,José Enrique (edits.) : En torno a la Nouvelle Vague. Rupturas y horizontes de la modernidad. Institut Valenciá de Cinematografía, Festival Internacional de Cine de Gijón, Centro Galego de Artes da Imaxe, 2002.

-Riambau, Esteve: Louis Malle. El tiempo atrapado. En El cine francés 1958-1998. De la Nouvelle Vague al final de la escapada. Barcelona: Paidós, 1998. Pp. 107-121.

-Rohmer, Eric: “Premier accessit”, Cahiers du Cinéma nº 80 février 1958, p.59-60.


[1] French, Philip: Conversations avec Louis Malle. Paris, Ed. Denoël, 1993.

[2] Malle, Louis: Louis Malle por Louis Malle. Valladolid : Semana Internacional del cine de Valladolid, 1987, p.13.


+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es