Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Actividades Culturais

07/06/2018
Paisaxes de Saudade


  Contido do programa

Hai un fío condutor que recorre todo o conxunto de obras que escollemos para o noso programa: a saudade. A saudade das paisaxes e os tempos vividos, a morriña pola xuventude perdida e polas súas paisaxes. Os lugares reais que nos marcaron e tamén os espazos que recreamos coa memoria, cargados de toda a simboloxía e a subxectividade que lles dá o paso do tempo.
Napoleón Coste (1805-1883) foi un compositor prolífico, aínda que hoxe en día é maís coñecido pola labor pedagóxica e por preservar o legado do seu mestre e amigo Fernando Sor. A súa obra Soirées dAuteil é un magnífico exemplo de Serenata romántica, moi libre na forma, pero cun grande poder evocador, que nos traslada ao ambiente refinado e algo nostálxico da música de salón nunha tarde de outono.

Jorge Morel, nacido en 1931 en Arxentina, é un improvisador nato, máis ligado á música popular e aos xéneros de música tradicional que á música clásica. Pero as súas composicións teñen unha calidade e unha forza innegable. E un exemplo é esta Sonatina que dedicou a David Russell e que é toda unha evocación das paisaxes e da música escocesa.

Agustín Barrios (1885-1944) é posiblemente o paraguaio máis universal e un dos autores favoritos dos guitarristas de todo o mundo, ademais de escritor, poeta, dramaturgo e moitas cousas máis. Foi o primeiro guitarrista clásico en facer gravacións comerciais. A súa estética móvense entre un romanticismo moi refinado e as referencias ao repertorio de danzas latinoamericanas, das que sempre consegue estilizar elementos que integra perfectamente na súa estética persoal. As dúas obras escollidas, Julia Florida e Choro da saudade son xoias d o seu amplo catálogo e as dúas reflicten un fondo carácter melancólico e evocador.

Carlo Domeniconi, nacido en 1947, tamén ten na improvisación un dos pilares das súas composicións, que poden evocar con moita facilidade os escenarios máis exóticos e misteriosos. Exerceu durante anos en Turquía e moitas obras do seu catálogo incorporan elementos da música turca, tanto popular como culta. Un exemplo disto é a súa obra máis coñecida, Koyunbaba.

Sobre o intérprete

Xosé Antonio Rodríguez Álvarez comezou os seus sus estudos de guitarra no Conservatorio de Ribadavia da man de Amadeo Neira e completou a súa formación no Conservatorio Superior de Coruña. Asistiu a cursos e clases maxistrais con concertistas como David Russell, Margarita Escarpa, Álex Garrobé, Marco Socías, Carlo Marchione, Ricardo Gallén, Joaquín Clerch, Zoran Ducik e laudistas como Paul ODette. Realizou numerosos concertos tanto como solista como en agrupacións de cámara, desde os inicios en 2004 coa frautista María Marín cun programa dedicado a Astor Piazzolla. En 2008, coa soprano Liliana Nogueira, realizaron unha serie de recitais sobre o repertorio orixinal para voz e guitarra do século XX. En 2011 centrouse en monográficos sobre a obra do guitarrista e compositor uruguaio Agustín Barrios, do que gravou varias obras. Tamén colaborou nun proxecto discográfico para o selo Itinerant Classics. Desde 2013 forma parte do Cuarteto Azosso, especialidado en música contemporánea. Actualmente complementa a actividad docente no Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela con diferentes proxectos musicais.

Xoves 7 de xuño ás 20.00 na Casa das Campás


+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es