Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Actividades Culturais

14/06/2018
A Existencia de Acetes


A Existencia de Acetes (L’Esistenza di Acete) é un proxecto expositivo comisariado por Stefano Spairani Righi aberto ao público dende o xoves 14 de xuño ata o sábado 20 de xuño.

A Existencia de Acetes é unha exposición colectiva de artistas italianos e españois, cuxo propósito e reconsiderar o mito contado por Ovidio a través de sete traballos os cales non conteñen na súa orixe creativa un matiz mitolóxica ou clásica pero, a través da súa carga visual, converteranse a novo imaxinario dentro do mito examinado.

O mito de Baco e os mariñeiros de Acetes contado por Ovidio e o seu III libro de Metamorfoses, configurase neste caso como posible narrativa das obras expostas e como pretexto para falar de conceptos mais amplos como a metamorfoses, a fe e a ruptura que trae unha transformación.

O lugar onde se presenta a exposición e o punto de partida do pensamento curatorial, unha casa, que na lenda consta como fogar dun pirata, inserida dentro un contexto cidadá onde se respira unha atmosfera de antiga cidade de mar, levando o proxecto a concentrarse, ante todo, na auga como elemento natural.

A busqueda dunha relación co pasado e con lendas de piratería dirixiu a elección do mito de Ovidio, que encerra os elementos unificadores das obras expostas: como no caso de Crisálida de Karent Justiniano, escultura marmórea de forma primaria onde se intúe a representación dunha crisálida, contedor dunha evolución cuxo prazo leva á súa destrución, a Esercizio N.1 de Giorgio Cellini a cuxa ruptura converter a base sobre a cal construír un pensamento, a Sen Título 2 da serie O horizonte non existe de África Ruiz, que a través dun método deconstuctivo desenvolve paisaxes visuais e sonoros. Sen Título de Juan Fontaiña fala dunha metamorfose máis lenta por parte dos axentes externos que seguen modificando o material que as compón: pesadas vigas de madeira. A imaxes de Impromtu 36 de Umberto Chiodi evocan un continuo proceso de mutación, unha mestura entre formas vexetais e animais que se funden no xesto creativo do artista e finalmente os traballos de Jaime Royo e Tania Fiaccadori: o primeiro, Hábitat, escultura en bronce que parece chegar das profundidades mariñas, obxecto esquecido, que o tempo modificou, e o segundo, Kosmos que realmente mutará o seu estado durante o período de exposición a través do seu proceso de nacemento, dado o seu contido animal.


A Existencia de Acetes é un acto de fe, o de Acetes cara ao seu deus que ninguén recoñecera, o dos artistas cara ao mito de Ovidio, o dos visitantes cara ás obras expostas.


+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es