Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Convocatorias

29/01/2018
Listaxe provisoria do alumnado admitido e excluído nas bolsas de formación do estudantado da Universidade de Vigo para o desenvolvemento de actividades en materia de medio ambiente.


RESOLUCIÓN REITORAL DO 25 DE XANEIRO DE 2018 POLA QUE SE PUBLICA A LISTAXE PROVISORIA DO ALUMNADO ADMITIDO E EXCLUÍDO NAS BOLSAS DE FORMACIÓN DO ESTUDANTADO DA UNIVERSIDADE DE VIGO PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES EN MATERIA DE MEDIO AMBIENTE, DURANTE O CURSO ACADÉMICO 2017/2018.

Pola resolución reitoral do 5 de xaneiro de 2018, convócase unha bolsa de formación do estudantado da Universidade de Vigo para o desenvolvemento de actividades en materia de medio ambiente, durante o curso académico 2017 /18.

Feíta a revisión das solicitudes presentadas, de cara a comprobar o cumprimento dos requisitos de admisión previstos nas bases da convocatoria, esta Reitoría RESOLVE:

1.    Aprobar a publicación da listaxe provisoria do alumnado admitido (véxase o anexo 1).

2.    Aprobar a publicación da listaxe provisoria do alumnado excluído (véxase o anexo 11).

3.    Establecer un prazo de alegacións de cinco días hábiles para, de ser o caso, emendar os defectos que motivaron a súa exclusión. Este prazo comezará a contar dende o día seguinte á publicación desta resolución nos rexistros xeral e auxiliares da Universidade de Vigo e na páxina web da Universidade de Vigo.



Documentos
Listaxe provisoria de admitidos e excluídos bolsas medio ambiente.pdf

+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es