Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Convocatorias

02/03/2018
Lista definitiva do alumnado admitido e excluido. Deseño Téxtil e Moda de Gaclia


Pola resolución reitoral do 1 de febreiro de 2018, convócanse catro bolsas de formación dirixidas ao estudantado da Titulación de Estudos Superiores de Deseño Téxtil e Moda de Galicia no curso 2017/2018.

Unha vez que rematou o prazo para a presentación de alegacións, esta Reitoría RESOLVE:

Aprobar a publicación da listaxe definitiva do alumnado admitido e exduído (véxase o anexo 1).

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso perante a xurisdición contencioso administrativa, no prazo de dous meses contados dende o día seguinte da súa publicación (ou dende o día seguinte ao recibimento da súa notificación), de conformidade co disposto na Leí 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.

As persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contados a partir do día seguinte á publicación da presente resolución (ou dende o día seguinte ó recibo desta notificación), perante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producira a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.



Documentos

Listaxe definitiva de admitidos e excluídos.Deseño Téxtil e Moda de Galicia.pdf

+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es