Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Convocatorias

12/05/2014
FORMACIÓN E DESEÑO PARA TOD@S
APOSTANDO POLO DESEÑO PARA TOD@S

A VICERREITORIA DO CAMPUS DE PONTEVEDRA DA UNIVERSIDADE DE VIGO E O CONCELLO DE PONTEVEDRA PROMOVEN ESTE PROXECTO ABERTO A TODA A CIDADANÍA.

O proxecto pretende non só a concienciación, o desenvolvemento de estratexias didácticas ou a creación de redes de coñecemento que permitan abordar o tema e facelo visible, intentando atopar solución formais que sexan aplicables para todos os ususarios, senón a implicación da industria a través da colaboración coa Confederación de empresarios da madeira de Galicia.

Neste proxecto se plantexa realizar un CONCURSO DE IDEAS de mobiliario urbán que cumpla as premisas universais do deseño para tod@s. O proxecto xuntará equipos interdisciplinares con distintas formacións académicas que formarán redes de coñecemento de especialistas en distintas áreas, e presentarán un proxecto de deseño e materialización dunha liña de mobiliario urbán.

Esta iniciativa está dentro de TANGRAM, un programa de promoción social e cultural, promovido pola Vicerreitoría do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, e na que colabora a Concellería de Cultura do Concello de Pontevedra.

Unha iniciativa que intenta encaixar as pezas para que a rede de coñecemento especializado (a Universidade), e o saber facer cidadán, encaixen nunha rede equilibrada, sostible, e contínua, como resposta á necesidade de amosar á cidadanía o que a Universidade pode facer por el@s, e visibilizar as interrelacións que necesariamente se teñen que dar entre dous axentes que moito teñen que facer @s uns/has pol@s outr@s.

Este programa comezará o mércores día 14 de maio ás 20 h na CASA DAS CAMPÁS, lugar elixido para tódalas nosas xornadas de formación. Neste primeiro día de formación presentaremos a iniciativa a tódol@s  alí presentes e crearemos os grupos de traballo multidisciplinares para a posterior participación no concurso de ideas.

O venres 23 de Maio ás 19:30 visitaranos  Francesc Aragall Clavé, Presidente e fundador de "Design For all Fundation", todo un referente a ter en conta. Ademáis, esta “charla coloquio coa Design for all Fundatión” contará tamén, coa presencia de Inma Bonnet, patrona executiva e secretaria desta fundación.

A derradeira cita será o sábado día 25 de abril cunha charla coloquio na que falaremos sobre innovación e versatilidade do uso da madeira. Os poñenten nesta ocasión serán Azara Soilán e Motserrat rodriguez, da axencia galega da innovación, CIS Madeira.

Estades todos convidados a desfrutar e participar de “DESEÑO PARA TOD@S”

Para máis info e inscricións: 

info@portal48.es

Tlf: 679996162

TODAS AS XORNADAS SE CELEBRARÁN NA CASA DAS CAMPÁS - RÚA DON FILIBERTO 9 - 11, 36002 PONTEVEDRA.

MÉRCORES 14 DE MAIO DE 2014 - 20:00 H.

PRESENTACIÓN DO PROXECTO E CREACIÓN DE GRUPOS DE TRABALLO.

VENRES 23 DE MAIO DE 2014 - 19.30 H.

CHARLA COLOQUIO COA DESING FOR ALL FOUNDATION.
IMPARTEN: FRANCESC ARAGALL CLAVÉ, PRESIDENTE - FUNDADOR E INMA BONET, PATRONA EXECUTIVA E SECRETARIA.

SÁBADO 24 DE MAIO DE 2014 - 11.30 H.

CHARLA COLOQUIO SOBRE INNOVACIÓN E VERSATILIDADE NO USO DA MADEIRA.
IMPARTEN: AZAHARA SOILÁN E MONTSERRAT RODRÍGUEZ. AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN. CIS MADEIRA.






Documentos
formación.deseño.para.todos.pdf

+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es