Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Convocatorias

16/09/2016
Green Bike


A vicerreitoría do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, en colaboración co Concello de Pontevedra e as asociacións Dinamo e Pedaladas, pon en marcha  a iniciativa Green Bike dentro da Semana Europea da Mobilidade e o proxecto Green Campus. Gracias a Green Bike a comunidade universitaria poderá reutilizar ou mellorar as súas bicicletas vellas ou inservibles e transformalas ao seu gusto para que queden en perfecto estado.

 

Green Bike ofrecerá durante o mes de outubro un obradoiro en dúas sesións semanais para aprender a reutilizar a bicicleta mediante a reciclaxe creativa e conceptos de mecánica básica. Nos poñemos os materiais, así que trae a túa bici e deixaremola como nova. Inscríbete ata o 26 de setembro mandando un correo electrónico a vic.pon@uvigo.es indicando o teu nome e apelidos, DNI, se es estudante, persoal de administración e servizos ou docente e investigador e qué quenda prefieres (serán oito sesións os martes e xoves do mes de outubro, ben de 17h a 18h ou de 18h a 19h). Consulta aquí as bases de participación


Documentos
BASES GREEN BIKE.pdf
Cartel Green Bike.pdf

+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es