Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Convocatorias

16/09/2016
Semana Europea da Mobilidade


No marco do proxecto Green Campus, a Vicerreitoria do Campus pon en marcha unha serie de actividades durante a Semana Europea da Mobilidade co gallo de concienciar á comunidade universitaria e á cidadanía sobre a importancia do concepto da mobilidade sustentable.
Estades convidados/as a participar nas diversas actividades que se celebrarán durante o luns, martes e mércores no espazo entre a Escola de Enxeñaría Forestal e a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. E se queredes saber máis sobre as claves da mobilidade sustentable, non olvidedes de pasar pola Escola de Enxeñaría Forestal onde o martes ás 16h para escoitar a Enrique Pérez Fernández da Asociación Pedaladas.
Agardamos a vosa presenza e participación.


Documentos
Cartel Semana Europea Mobilidade 2.pdf

+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es