Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Convocatorias

24/11/2016
Maratón de zumba solidario


O vindeiro 15 de decembro volve unha nova edición do Maratón de zumba solidario. Cada ano, a Vicerreitoría do Campus de Pontevedra en colaboración co Área de Benestar, Saúde e Deporte organiza unha actividade que mestura exercicio físico e solidariedade.

O evento desenvolverase no Pavillón Universitario de 20.00 a 22.00, aínda que os asistentes poderán sumarse á actividade en calquera momento.

A entrada é de balde. Os interesados só deberán levar alimentos non perecedoiros que serán destinados ao comedor social PP. Franciscanos.

Imparten: Elena Martínez, Conchi Pedraza, David Lusquiños.

Agardamos a vosa participación!




+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es