Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Convocatorias

28/11/2016
Obradoiro práctico de formulación de proxectos de cooperación ao desenvolvemento


Os próximos días 12, 13 e 14 de decembro celébrase na Escola de Enxeñería Forestal o obradoiro de formulación de proxectos de cooperación ao desenvolvemento.

Neste obradoiro práctico, os participantes desenvolveran coñecementos prácticos sobre o marco legal da cooperación ao desenvolvemento en Galicia e España, adquirindo as fórmulas para a identificación e organización dos mesmos.

PROGRAMA

12 de decembro
-Que é a cooperacion para o desenvolvemento?
-O marco legal da cooperación ao desenvolvemento
-Os directores de cooperación española e galega
-A universidade como axente de cooperacion. Que podemos facer nós?
-Que é identificar un proxecto de cooperación?

13 de decemebro
-Introdución ao enfoque de marco lóxico
-Os formularios de proxecto
-Aspectos críticos na formulación dun proxeco: a árbore de problemas, a matriz de planificación do proxecto,...
-Traballo asistido de formulación de proxecto

14 de decembro
-Aclaración de dúbidas e comentarios
-Continuación do traballo asistido de formulación de proxecto
-Posta en común. Debate

O prazo de inscripción para este curso é de balde e remata o día 9 de decembro. Podes atopar máis información no seguinte enlace:
https://www.culturxest.uvigo.es/WebCulturaUVigo/actividades/datos.jsp?idActividad=1127


+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es