Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Convocatorias

01/12/2016
Diálogo: Mozart e Chopin
Concerto de Josep Colom no Teatro Principal o próximo mércores 7 de decembro

O Teatro Principal de Pontevedra acolle o próximo mércores 7 de decembro a Josep Colom (Barcelona, 1947), que presentará o seu concerto Diálogo: Mozart & Chopin.

Josep Colom (Barcelona, 1947) estudou na École Normal de Musique de Francia, fundada por Alfred Cortot, onde grabou a maior parte da súa discografía para o selo "Mandala".  Ademáis de impartir regularmente clases dende 1990 na Aula de Música da Universidade de Alcalá de Henares, tamén colabora co Conservatorio Superior de Zaragoza e co Musikeon (Valencia). Dende 2012, imparte clases no Conservatori Superior do Liceu (Barcelona).

Agora, o reputado pianista catalán chega á cidade do Lérez cun recital que vai máis aló de aspectos estilísticos, sumerxíndose nunha atmosfera de sensacións anímicas nas que deixa de importar se o que está a soar é Mozart, Chopin… ou Colom.

O concerto, que comezará ás 20:30, contará tamén coas proxeccións concertadas de Juan de la Sota, dirixidas e editadas por Inés Salvado Gontad e ÁLG Mallo.

A entrada é de balde. Agardamos a vosa presenza.



+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es