Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Convocatorias

15/12/2016
Achegándonos ao feminismo
Encontro "Achegándonos ao feminismo" hoxe na Facultade de Belas Artes

A Facultade de Belas Artes acolle hoxe o encontro Achegándonos ao feminismo.

O coloquio, promovido por un grupo de estudantes da Facultade, está dirixido a afondar no papel que o feminismo xoga na educación institucional, social e familiar. Aberto a todo o público interesado, este encontro contará coas intervencións da directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, Anabel González Penín; do director da produtora de arte contemporánea Latamuda, Francisco Porto; da docente Rocío Juncal e das egresadas da Facultade e integrantes do Colectivo LAG.

O acto terá lugar ás 18:00 no espazo 14 da Facultade de Belas Artes.

Agardamos a vosa presenza.

+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es