Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Convocatorias

19/12/2016
VI edición dos Premios INCUVI-Emprende


A Universidade de Vigo convoca a VI edición dos Premios INCUVI-Emprende, que pretenden fomentar o espírito emprendedor entre estudantes e persoas egresadas a través dun programa de preincubación dun ano de duración.

Poderán presentar as súas ideas a concurso:

  1. Estudantes da Universidade de Vigo que estean cursando estudos de primeiro, segundo ou terceiro ciclo, grao ou mestrado.
  2. Persoas tituladas pola Universidade de Vigo no curso 2013/2014 ou posteriores.

Os proxectos deberán ser elaborados individualmente ou en grupos dun máximo de 4 persoas. Poderán estar baseados en calquera das ramas de coñecemento contidas nos plans de estudo da Universidade de Vigo:

  • Artes e humanidades
  • Ciencias
  • Ciencias da saúde
  • Ciencias sociais e xurídicas
  • Enxeñaría e arquitectura

Estes proxectos deberán ser orixinais e a súa autoría deberá corresponder á persoa ou persoas que os presentan. En todo caso, coa presentación dos seus proxectos, as persoas que os promoven asumen todas as responsabilidades en relación a súa autoría.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 2 de febreiro de 2017.

As bases poden atoparse na seguite dirección web: http://emprego.uvigo.es/emprego_gl/emprendemento/incuvi/




+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es