Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Convocatorias

09/01/2017
Aberta a convocatoria de obradoiros para o segundo cuadrimestre


Aberta a convocatoria de obradoiros de extensión universitaria para o segundo cuadrimestre do ano académico 2016/2017.

Debido a gran afluencia e interese amosado en anteriores edicións, algúns dos obradoiros repiten, coa fin de ofrecer a todo o mundo a posibilidade de inscribirse neles. É o caso de Fala, Oratoria e Comunicación impartido por Alberto Rosell, Interpretación de Instrumentos Populares Galegos por Luis Torres ou Locución Audiovisual por Paulino Pérez.

Tamén incorpóranse á lista de ofertas novos obradoiros como Fotografía e xénero: análise de imaxes contra a desigualdade impartido por Natalia Devesa ou Achégate ao tempo libre. A educación non formal como escenario profesional dirixido e impartido por María Begoña Paz García.

A matrícula está aberta ata cubrir prazas. Poderás atopar toda a información a través de www.culturxest.uvigo.es


+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es