Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Convocatorias

24/01/2017
Volta a semana de recollida de RAEEs
Unha iniciativa que busca darlle unha saída ecolóxica ós vellos aparellos eléctricos e electrónicos

Durante esta semana, a comunidade universitaria está chamada a unha iniciativa destinada a recoller aparellos eléctricos e electrónicos domésticos en desuso. O Campus de Pontevedra quere darlle unha fin ecolóxica a todos aqueles aparellos antigos que quedan abandonados en armarios e caixóns, co obxectivo de reutilizalos e reciclalos, reducindo a produción de residuos.

Ate o próximo 27 de xaneiro estarán colocadas en cada unha das facultades do Campus e na Casa das Campás, diversas caixas elaboradas polos traballadores da Área de Planificación do Campus cun cartel explicativo da campaña. Alí poderán depositarse todos os dispositivos.

Como explica Celso Cancela, director da Área de Planificación: "Buscamos sobre todo recoller o material do día a día da comunidade universitaria, como cables, transformadores de ordenadores... pero tamén poden levarse calquera outro tipo de aparellos que empreguen electricidade ou baterías". O que queda totalmente prohibido é botar "lámpadas, baterías soas ou pilas, xa que teñen os seus contenedores específicos".

Ao final da semana os responsables da Oficina de Medio Ambiente da Universidade recollerán o material acumulado e levarano á varias empresas en Vigo especializadas no tratamento destes residuos.


+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es