Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Convocatorias

26/01/2017
Sentir o mar
Aprender a sentir a arte máis aló da vista. Hoxe, na Facultade de Belas Artes

Coa premisa de que a vista non é o único sentido nin a arte se goza soamente a través dos ollos, nace o programa Sentir o mar, promovido pola asociación cultural Dinamo en colaboración coa Facultade de Belas Artes e o Campus do Mar da Universidade de Vigo.

Como explica Rocío G. Juncal, coordinadora da iniciativa “a intención é adaptar como ocio alternativo a navegación tradicional a persoas con diferentes discapacidades, comezando pola visual, e levar aos centros educativos a reflexión de cómo se vive con elas, entendendo que gozar e adaptarse á realidade non implica necesariamente o uso de todos os sentidos e capacidades".

Así, este xoves de 18.00 a 20.00 horas, o Espazo 16 da Facultade de Belas Artes acollerá os relatorios de varios especialistas neste eido. Por un lado, o pedagogo e mestre da ONCE Xaime Toxo contará a súa experiencia traballando con persoas invidentes e dará unha pautas a seguir e a decana da facultade, Silvia García, afondará na transmisión do coñecemento artístico a través doutros sentidos que non sexan soamente o tacto. Por outro lado, Pilar Picas presentará o proxecto Tactilicia, centrado na creación de obras de arte para persoas cegas.


+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es