Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Convocatorias

26/01/2017
O crepúsculo dos deuses
Continúa o ciclo de cine

O ciclo de cinema de primavera Arredor de si, inserido na programación cultural da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra, volta este venres 27 co pase do filme O crepúsculo dos deuses (Billy Wilder, 1950). O ciclo volta cunha ducia de proxeccións e dous relatorios, un deles a cargo do propio Novás e outro do crítico e membro do consello de redacción de Caimán Cuadernos de Cine José Manuel López

O crepúsculo dos deuses (Billy Wilder, 1950)

SINOPSE

Joe Gillis é un escritor novo que, acosado polos seus acredores, refúxiase casualmente na mansión de Norma Desmond, antigua estrela do cine mudo. Ela vive fóra da realidade, acompañada únicamente do seu fiel criado Max. A partir dese momento, a actriz pretende que Joe corrixa un guión escrito por ela mesma, o que significará o seu regreso á gran pantalla. 

Título orixinal: Sunset Blvd. (Sunset Boulevard)
Ano: 19850
Duración: 110 minutos
País: EEUU
Director: Billy Wilder
Guión: Charles Brackett, Billy Wilder
Música: Franz Waxman
Fotografía:John F. Seitz (B&W)
Intérpretes: William Holden, Gloria Swanson, Erich Von Stroheim, Nancy Olson, Lloyd Gough, Jack Webb, Fred Clark.

DATA: 27/01/2017
HORARIO: 19:15
LUGAR: Casa das Campás

Adxuntamos cartaz con toda a información sobre o ciclo de cine.


Documentos
Ciclo Cine 2017.pdf

+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es