Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Convocatorias

02/02/2017
Inauguración do XV Memorial Filgueira Valverde
A inauguración do XV Memorial Filgueira Valverde repasou a vida de Sánchez Cantón, un dos grans eruditos do S. XX

Co relatorio titulado Sánchez Cantón e o Museo de Pontevedra (coa cidade ao fondo), Carlos Valle, director do museo de Pontevedra, inauguraba este mércores o XV Memorial Filgueira Valverde, unhas xornadas promovidas polo museo en colaboración coa Vicerreitoría do Campus que nesta edición abordará catro capítulos esenciais na traxectoria de Sánchez Cantón, unha das grandes personalidades no ámbito dos estudos humanísticos a nivel galego e estatal.

Autor de máis de 800 libros e comisario dalgunha das maiores exposicións feitas na Península Ibérica, Sánchez Cantón participou activamente na fundación, consolidación e crecemento non só do Museo de Pontevedra, senón tamén da cidade. "Quixo moito a Pontevedra, pero probablemente quixo máis a este museo, ao que lle legou a súa riquísima biblioteca e o seu impagable arquivo", salientou Valle.

Subdirector primeiro (1922) e director despois (1960) do Museo del Prado de Madrid, tivo unha relación moi estreita con Castelao, asumindo persoalmente a dirección da edición do Álbum Nós, e co propio Filgueira Valverde, co que mantivo unha intensa correspondencia entre 1934 e 1936 na que o mantiña informado da vida cotiá no museo pontevedrés. Estas cartas, escritas todas en galego, serán publicadas proximamente "despois dun minucioso traballo", segundo anunciou Carlos Valle.

Tras a súa inauguración, o XV Memorial Filgueira Valverde continuará con tres relatorios máis nos que se afondará sobre o traballo de Sánchez Cantón en distintas épocas da súa vida. A seguinte sesión será o vindeiro mércores 8 de febreiro na Casa das Campás, onde a responsable do Arquivo Documental do Museo de Pontevedra, María Jesús Fortes, disertará sobre a estreita relación entre Sanchez Cantón e Castelao, repasando os fitos máis destacados que vinculan a estes coñecidos persoeiros.


+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es