Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Convocatorias

02/02/2017
A noite americana
Proxección do filme

O ciclo de cinema de primavera “Arredor de si”, inserido na programación cultural da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra, continúa este venres 03 co pase do filme A noite americana (François Truffaut, 1973). O ciclo volta cunha ducia de proxeccións e dous relatorios, un deles a cargo do propio Novás e outro do crítico e membro do consello de redacción de Caimán Cuadernos de Cine José Manuel López.

SINOPSE

Unha película que vai rodarse comeza coa chegada dos actores e os membros do equipo técnico, pero pronto a rodaxe tropeza cunha serie de dificultades que afectan tanto aos membros do equipo como da propia película.

Título orixinal: La nuit américaine
Ano: 1973
Duración: 115 minutos
País: Francia
Director: François Truffaut
Guión: François Truffaut, Jean-Louis Richard, Suzanne Schiffman
Música: Georges Delerue
Fotografía: Pierre-William Glenn
Intérpretes: Jean-Pierre Léaud, Jacqueline Bisset, Nathalie Baye, Alexandra Stewart, Jean-Pierre Aumont, François Truffaut, Valentina Cortese, Dani, Jean Champion

DATA: 03/02/2017
HORARIO: 19:15
LUGAR: Casa das Campás

Adxuntamos cartaz con toda a información sobre o ciclo de cine.



Documentos
Ciclo Cine 2017.pdf

+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es