Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Convocatorias

10/02/2017
Novas actividades deportivas no Campus
A Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade engade catro actividades dirixidas para aboados e aboadas

No pasado cuadrimestre, a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade engadía á oferta de servizos que pon a disposición dos membros da comunidade universitaria a través das tarxetas TDU e Ponte en Forma, catro actividades dirixidas gratuítas para aboados e aboadas. Tratábase concretamente de clases de pilates, bike e cross training/hiit, ás que usuarios e usuarias podían acceder de xeito gratuíto no Pavillón Universitario. Unha serie de propostas que se viñeron desenvolvendo nestas instalacións e que desde esta semana pasan a contar tamén con sesións nas propias Facultades de Ciencias da Educación e do Deporte e Fisioterapia.

Estas actividades dirixidas combinan dende esta semana as sesións de pilates e bike que se desenvolven nas tardes dos luns e mércores no propio pavillón, con clases de pilates os luns e mércores a partires das 14.45 horas en Fisioterapia e sesións de cross training/hit a partires das 14.45 horas. “É a primeira vez que se leva ás facultades unha actividade continua para todo o cuadrimestre”, recoñece Guillermo Santos, responsable da Área de Saúde no Campus, dunha iniciativa que busca tanto visibilizar as actividades que se realizan deste este servizo, como facilitar aos usuarios e usuarias “a posibilidade de facer exercicio no seu propio centro, evitando perdas de tempo”.


Estas sesións que se desenvolverán ata o 31 de maio contan con prazas limitadas, que van das 12 as 20 persoas, e para as que será preciso facer unha reserva previa cun máximo de 24 horas de antelación. Todas elas, están abertas ás dúas tarxetas que a área pon ao servizo da comunidade universitaria, a Tarxeta Deportiva Universitaria (TDU), cun prezo de 35 euros por cuadrimestre para os membros da comunidade universitaria; e a Tarxeta Ponte en Forma, que suma ao acceso á sala de cardio-fitness e a estas actividades dirixidas da TDU un plan de adestramento personalizado, que abrangue un recoñecemento médico inicial e o posterior deseño e seguimento dun plan de exercicio personalizado. 



+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es