Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Convocatorias

13/02/2017
Factores nutricionais no exercicio
Charla do médico deportivo Santiago Perote este mércores na Facultade de Fisioterapia

Este mércores 15 de febreiro ás 17.00 h o médico deportivo Santiago Perote da Área de Benestar, Saúde e Deporte ofrecerá na aula magna da Facultade de Fisioterapia do Campus de Pontevedra unha charla sobre os "Factores nutricionais no exercicio". No relatorio, Perote afondará sobre os seguintes contidos:

-O deporte como condicionante da nutrición.
-A inxesta recomendada e o aporte calórico en deportistas e poboación en xeral.
-A inxesta dos principios inmediatos na actividade deportiva. Recomendacións.
-As pautas dietéticas para antes, durante e despois da competición.
-As principais vitaminas e minerais en nutrición deportiva.
-A hidratación do deportista e bebidas de reposición.


+ Para máis información:
https://www.facebook.com/muversuvigo/

+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es