Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Convocatorias

20/02/2017
Obradoiro de cinema con Oliver Laxe
O festival Novos Cinemas fomenta o desenvolvemento de procesos creativos cun novo obradoiro de práctica cinematográfica

O festival internacional de cinema de Pontevedra Novos Cinemas, desenvolve un novo obradoiro impartido polo cineasta Oliver Laxe, onde se fomentará o desenrolo de procesos creativos apelando á praxe cinematográfica.

As sesións levaranse a cabo os días 4 de abril, 5 de maio e 12 de xuño, con horario de mañá (de 10 a 14 horas) e de tarde (de 16 a 20) na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. A duración total do obradoiro é de 24 horas presenciais, amais de diversas titorías que se realizarán de forma online.

Poderán participar no obradoiro todos os alumnos da Universidade de Vigo, no Campus de Pontevedra. O equipo de Novos Cinemas seleccionará 10 aspirantes entre todos os participantes.

Documentación necesaria para a presentación de proxectos:
1. Datos persoais: Nome e apelidos, teléfono de contacto e-mail persoal.
2. Curriculum vitae abreviado.
3. Enlace dunha peza audiovisual -duración máxima de 5 minutos- de autoría propia que denote unha sensibilidade acorde aos obxectivos do obradoiro. O enlace da devandita peza e a súa clave serán facilitados ao equipo de Novos Cinemas e enviados vía mail ao seguinte enderezo: info@novoscinemas.com



Oliver Laxe (París, 1982)

Fillo de de emigrantes galegos, Oliver Laxe nace en París en 1982. Con seis anos regresa coa súa familia a Galicia para instalarse na Coruña. Comeza os seus estudos de Comunicación Audiovisual no Campus de Pontevedra e trasládase a Barcelona, onde remata a súa formación académica na prestixiosa Universidade Pompeu Fabra. Durante a súa estancia en Londres realiza, en colaboración con Enrique Aguilar, a curtametraxe Grrr! nº7: y las chimeneas decidieron escapar (2006). Desde 2006 reside en Tánxer, onde filma a curtametraxe Grrr! nº8: Suena la trompeta, ahora veo otra cara (2007) e a mediometraxe París #1 (2007). Estas obras foron exhibidas, e en ocasións premiadas, en mostras de arte e festivais de cinema como o Festival Internacional de Cine de Gijón, BAFICI, Indielisboa, Festival Internacional de Cine de Las Palmas, Festival de Cine Experimental de Granada, Filminho, PlayDoc... Durante a súa estancia en Tánxer imparte clases de cinema nunha asociación de acollida de menores, experiencia da que xurdirá a súa primeira longametraxe en 35mm. Todos vós sodes capitáns (2010), que se estreou na Quincena de Realizadores do Festival de Cannes, onde recibiu o premio FIPRESCI. A súa segunda longametraxe, Mimosas (2016) obtén o Gran Premio na Semana da Crítica de Cannes 2016.



Máis información sobre as bases do obradoiro no pdf adxunto.




Documentos
Bases Obradoiro de cinema con Oliver Laxe.pdf

+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es