Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Convocatorias

02/03/2017
Os alumnos da Facultade de Fisioterapia achéganse ao uso terapéutico do pilates
Sebastián Jesús Aboal imparte este curso que se desenvolverá ata o 19 de marzo

Co propósito de propor un achegamento a aplicación terapéutica do pilates, o decano en funcións da Facultade de Fisioterapia, Gustavo Rodríguez, coordina o I Curso de Pilates en Mat para Fisioterapeutas, no que nestas semanas participan 14 estudantes deste centro.

Impartido por Sebastián
Jesús Aboal, profesor asociado de Ciencias da Saúde e fisioterapeuta do Centro Impact Fitness de Pontevedra, este curso de 60 horas dá continuidade aos talleres de iniciación e nivel avanzado que Rodríguez Fuentes impulsara en anteriores anos académicos para abordar unha formación “polo xeral, bastante demandada, tanto como polo alumnado como por profesionais”.

Así, tras unhas primeiras nocións sobre os principios do método, a prescrición de exercicios e os seus beneficios e contraindicacións, o curso que continúa desenvolvéndose ata o 19 de marzo propón un achegamento aos exercicios cos que se poden traballar diferentes patoloxías e partes do corpo. Como explica o propio Rodríguez Fuentes, “50 das 60 horas do curso son prácticas e isto é lóxico e necesario, xa que hai que pensar que o fisioterapeuta debe dirixir un movemento correcto nos seus pacientes”.


+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es