Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Convocatorias

10/03/2017
Brian de Palma no ciclo de cine
A película Impacto, de Brian de Palma, proxéctase hoxe no ciclo de cine

O ciclo de cinema de primavera “Arredor de si”, inserido na programación cultural da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra, proxecta este venres día 3 de marzo o filme Impacto (Brian de Palma,1981). O ciclo volta cunha ducia de proxeccións e dous relatorios, un deles a cargo do propio Novás e outro do crítico e membro do consello de redacción de Caimán Cuadernos de Cine José Manuel López.

SINOPSE

O protagonista é un enxeñeiro de son que traballa en películas de terror baratas. Unha noite, mentras graba efectos, observa como un coche no que viaxaba unha parella cae dende unha ponte a un río. A pesar dos seus esforzos, só consigue salvar á rapaza. Cando se entera de que o home que viaxaba con ela era un candidato á presidencia do país, lembra escoitar un disparo antes do accidente e comeza a sospeitar dun posible atentado.


Título orixinal: Blow Out
Ano: 1981
Duración: 107 minutos
País: EEUU
Director: Brian de Palma
Guión: Brian de Palma
Música: Pino Donaggio
Fotografía: Vilmos Zsigmond
Intérpretes: John Travolta, Nancy Allen, Dennis Franz, Peter Boyden, Curt may, John Aquino


DATA: 10/03/2017
HORARIO: 19:15
LUGAR: Casa das Campás

+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es