Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Convocatorias

16/03/2017
Relatorio de Suso Novás no ciclo de cine


O ciclo de cine Arredor de si continúa este venres co relatorio de Suso Novás Reeducando ao espectador: metalinguaxe e autorreflexividade, unha charla na que o coordinador do ciclo falará de como o cinema modela e conforma ao espectador partindo da reflexión arredor da arte. En palabras do propio Novás: "Se tivésemos que destacar unha característica inherente á historia da arte, elexiriamos a capacidade de autoanálise e autocustionamento que denotan as diversas manifestacións artísticas ao logo do seu periplo espacio-temporal".

A través dunha ducia de proxeccións e dous relatorios, este ciclo reflexiona e cuestiona o papel do propio cine ou a súa influencia no espectador.


DATA: 17/03/2017
HORARIO: 19:30
LUGAR: Casa das Campás


+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es