Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Convocatorias

03/04/2017
Volta o concurso de fotografía en Instagram da Vicerreitoría


Volve o concurso de fotografía en Instagram da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra como antesala da Semana da Creatividade e da Innovación 2017.

A temática do concurso é “O compromiso ambiental do Campus de Pontevedra, primeiro Green Campus de España”. As /os participantes deberán inscribirse no seguinte formulario, compartir en Instagram fotografías de todo aquilo que relacionen co compromiso ambiental do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo e incluír na descrición da súa fotografía o hashtag #creaS2i no momento de publicala en Instagram. 

 

Haberá 10 imaxes finalistas que se levarán 30 copias impresas en formato postal e unha imaxe gañadora que, ademais das 30 postais, recibirá unha cámara Polaroid Snap Touch máis un pack de papel fotográfico para Polaroid Snap.

 

Como orientación a participantes, estes son compromisos medioambientais que levaron a que o Campus de Pontevedra fose o primeiro Green Campus de España:

· Promover a reciclaxe, a recuperación e a reutilización de materiais, e velar pola redución da xeración de residuos nas actividades cotiás.

· Reducir a contaminación consecuencia das actividades universitarias mellorando a eficiencia e o rendemento enerxético dos edificios e instalacións universitarias.

· Incorporar a consideración da dimensión medioambiental tanto nas actividades universitarias docentes e de investigación como nas tarefas relativas á construción e mantemento dos edificios e instalacións, buscando protexer e fortalecer os hábitats naturais e a biodiversidade.

· Promover modos de transporte que tendan a minimizar o impacto ambiental.

· Asegurar que os criterios medioambientais sexan considerados no subministro de bens e na prestación de servizos.

· Fomentar a concienciación e sensibilización medioambiental entre os diferentes colectivos da comunidade universitaria mediante as oportunas actividades.

           · Difundir entre o público en xeral este compromiso ambiental e
           calquera outra información pertinente.

As bases do concurso poden consultarse no PDF adxunto.


Documentos
Concurso fotosA4 2017_Web.pdf

+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es