Campus de Pontevedra
Inicio Contactar Mapa web Buscar Facebook Twitter



    Menú principal
    Extensión Universitaria
    Green Campus




Convocatorias

21/04/2017
Ciclo de cine Arredor de si. Relatorio Jean-Luc Godard: o comezo da linguaxe
O ciclo de cine de primavera continúa co relatorio de José Manuel López

O ciclo de cine Arredor de si continúa este venres co relatorio de José Manuel López Jean-Luc Godard: o comezo da linguaxe, unha charla na que o crítico centrarase na figura do cineasta francés, cunha obra que destaca pola impugnación do modelo de representación e narración clásica e por propoñer un novo uso da linguaxe cinematográfica. A través dunha ducia de proxeccións e dous relatorios, este ciclo reflexiona e cuestiona o papel do propio cine ou a súa influencia no espectador.

DATA: 21/04/2017
HORARIO: 19:15
LUGAR: Casa das Campás

+ Voltar


 
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra| Casa das Campás, Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra | Tlf: +34 986 80 20 80 | vic.pon@uvigo.es